O mito histórico das dúas Españas semella un muro insondábel.
Longo como a eternidade, alto coma o universo. Un mito ou ficción
secular que espande ó ar dos seus lados unha brétema invisíbel de
pensamentos opostos e fondamente enfrentados.
Dúas Españas/dous tipos de españois. Dúas ópticas de España,
dous pensamentos de España. Pero cando un pensamento non vai
razonado, non é pensamento.
Sucede que nas dúas Españas non se discute ou opina según un
pensamento -porque non existe- senón según o lado do muro invisíbel
do mito no que a potencia in/opinante se sitúe. Non hai máis cuestión. Os
asuntos sucédense e aparecen no debate, e xa a afiliación no
muro/mito determina a postura. É moi sinxelo. Deixarte levar pola
oposición simple coma un dogma de fé; Contra Satanás non cabe
razón. Do maligno, nada bo.
E vai que foron as dignas marchas pola dignidade que confluiron logo en Madrid. E foron
necesarias. E foron exitosas. E foi que despois, uns marrulleiros
delincuentes camufláronse de reivindicantes e fixeron camiño a
pedradas artellando unha triste noite de guerrilla sanguinaria.
Os que alí se manifestaron, son dignos de todo respeto e admiración.
Os que alí combateron, non son demócratas e prodúcenme repulsión.
Pero o muro/mito das dúas Españas sembra a brétema (in)pensante
no tempo longo que ven despois; Non hai cuestión. Non hai
reflexión. O mito vertebra a opinión:
E uns zarrapican con manipulación a magnífica mostra de
dignidade da Marcha (digna, solidaria e moi humana) que pedía para a
sociedade o que lle corresponde á sociedade. Namentras outros
zarrapican protexendo ós delincuentes agresivos -profesionais do
disturbio- asumindo, xa que logo, coma propios da Marcha tales actos
dementes.
Nin uns nin outros merecen atención racional.



